lunes, 5 de diciembre de 2011

O horizonte Branco

Cheiraba mal, dende logo cheiraba mal, aquel arrecendo pútrido entraba na miña nariz e non saia. Iamos a uns sesenta ou setenta quilómetros por hora, aló menos créeo que era esa a cifra e é que o cheiro ata chegaba a nubrarme a vista. Non podía aguantalo e con temor as represarías díxenlle a Elías: oes non era mellor para e tiralo fora do coche, esta comezando a cheirar e non podo aguantalo mais, e temos que limpar algo o coche, non podes para un chisco?.
Poderían ver a sangue se se achega o suficiente un coche e como sexa a policía levámolo fodido. Elías non dixo nada, ía demasiado concentrado en conducir ademais creo que non me escoitou ou polo menos fixo que non me escoitaba. Non tiñamos un coche moi rápido pero polo menos non chamabamos a atención era un Ford focus vello do 97 ou así, negro, algo rellado e con un par de buracos de bala que Elías tapara con cinta americana cerca do maleteiro, polo demais
dende fora parecía un coche calquera que ía pola estrada de súmoas, o peor do coche estaba no interior, calquera que nos parara vería que non iamos de paseo. Levabamos a kuza, un pastor alemán no asento de atrás atado o cinto de seguridade, e o seu carón una bolsa de plástico negra do que parecía un vulto bastante grande, diante ía Elías conducindo o coche con o pasamontañas aínda na man mentres conducía e eu sentado o seu carón con una caixa con dous revolveres
debaixo do asento con cara de noxo fronte o dantesco espectáculo que levabamos no auto, a traces do parabrisas traseiro vislumbrabase un tinguidura de cor vermello que cubría parte da esquina esquerda. En realidade non era ningún tinguidura pero iso non o sospeitaría
ninguén , quen ía crer que no coche que ía diante poderían ir un par de persoas con corenta quilogramos de cocaína pura sen cortar e o noso terceiro socio metido unha bolsa con tres balas dentro da caixa torácica?.
Ninguén sospeitaría nada, ninguén sospeitará nada, ninguén sospeitará nada, non facía mais que repetirme unha e outra vez iso na miña cabeza sen parar. Non tiña tanto medo os axentes da orde como pensades, temía mais a calquera coñecido que se achegase a nos nun semáforo parado pero Elías tranquilizoume cando dixo, tranquilo xa pasamos Xove , so nos quedan uns cincuenta quilómetros, se non nos colleron dende o Vicedo non nos colleran, non te preocupes; dorme un
pouco, reláxate.
Botei un chisco o respaldo cara atrás e respirei profundamente, e intentei descansar pero , en vez diso repasei todo por se cometeramos algún erro. As catro da madrugada xa estabamos la praia a carón da illa coelleira esperando , xa levabamos dende as tres e media e xa estaba farto de esperar, non tiña ganas de estar alí mais e os nervios estábanme a esmagar as tripas. De súpeto cando estabamos ata as pelotas de esperar alí vimos una luz que se achegaba relucindo a intervalos,cada vez mais preto con unha velocidade incrible. Cando nos demos conta a planeadora estaba o carón da praia.

jueves, 6 de mayo de 2010

lunes, 12 de abril de 2010

As beiras do acantilado cara o inferno.

As beiras do acantilado cara o inferno.

Capitulo 1

Noite

Quédanme 2 cargadores de 6 balas mais unha na recamara, iso fan un total de 13 pero evitarei usala o mais posible, cousa improbable xa que aínda que as critique certo é que sonme de axuda. Non e facil conversar con persoas que, despois de perdelo absolutamente todo por culpa do seu propio ego, non son capaces de socializarse de novo, creo que a soidade é o que me acompaña nesta búsquea .

Non para de chover, as tépedas nubes descargan con toda a súa furia cara o carbonizado chan mentres aínda se vislumbra algunha luz o lonxe. Desde este lugar so vexo iso, auga ,auga e mais auga, xa ia facendo falta que chovera o desnutrido solo, infértil agora, non e capaz de reter a terra que a auga arrastra sen piedade cara algunha que outro sumidoiro que aínda funciona. Corpos calcinados, estou a velos, este e o resultado do xénero humano, sempre o foi pero agora doume conta ó velo por min mesmo. ¿E que é o único que sabemos facer ben? Non somos capaces de conducir sen accidentes, non somos capaces de deixar de desexar o alleo, pero a hora de facer o mal somos o xénero que mais o perfecionou o arte de autodrestruirse, terrorismo, kamikazes, coches bomba, armas. Todo co único e indiscutible fin de matar a conxéneres, non dun xeito similar ó como o realiza os grandes depredadores da nosa fauna, o tigre, o león , a pantera... ¿iamos facer coma eles que dormen unha inxente cantidade de horas aburridos? Non ; e mais divertido andar polo mundo intentando obter o que outros teñen. Algo moi útil. Tendo en conta que o que obtemos e as consecuencias que provocamos por elas soben o seu valor a unhas cifras que non sabemos se compensa. So o sangue que corres polas beiraruas deste desgraciado mundo agora arrasado vale mais que a miña propia existencia. Pero son optimista, espero que aínda queden nesta pobre terra as suficientes persoas como para volver a comezar de novo, aquelas con unhas mentes tan privilexadas como para que non deixen que se repita o mesmos unha vez mais. Ver un estado, unha nación enteira por o seu propio ego non llo desexo a ninguén.
So me quedan 3 latas de algunha conserva cuxo envoltorio xa desapareceu tempo atrais, esta créeo que tiña albóndegas , o único que me consola e que créeo que non están caducadas. Iso e bó posto que como teña que ir a un hospital terei que automedicarme e a saber o estado dos medicamentos. Creo que cando a xente intentaba fuxir deste inferno levaron por diante os enfermos e deixaron feito un desastre o hospital; causa probable da morte de Chistian xa que me dixera nos 5 días que estivemos avanzando xuntos que se cortara nun pé ó pasar por unha farmacia que quedara totalmente rebentada. Creo que será mellor que apague o lume e me deite; xa sei que unha granxa de bacas abandoada e calcinada non é un hotel de 5 estrelas no que che serven cócteles exquisitos pero polo menos ai poucas goteiras .
De veras espero que non sexa o único, quizais poida mañan buscar algún sitio mellor.

Maña

Atopei no camiño unha tenda 24 horas medio derruída pero con algunhas conservas intactas, parecían non estar caducadas aínda que os botes de alcohol que estaban mo estante de enriba, agora rotos, diluirán as poucas sinais de unha data de caducidade. Saín da tenda, un vello can, alleo a man do home, tanbaleabase buscando un pouco de comida e auga limpa, collín un cunco pequeno de plástico derretido que había por alí e boteille un grolo de auga e unha galleta,a ultima que me quedaba , pero aquel can podía ser o meu reflexo nun par de meses. Proseguín a miña andaina por a vila, o concello aínda seguía en pé , nel conseguín unhas cantas botellas de auga sen contaminar, os cadáveres aínda mantiñan o seu forte olor, pero era un prezo pequeno por a auga limpa, cando saíndo concello atopei o noso precario amigo, estaba alí, de pé , inmutable , sentado a beira da porta do concello con un tón fiel e educado, a sua mirada recordábame a de algún maiordomo servizal a miña disposición. Saín dalí e sigueume,non parecía moi confiado pero seguir a única fonte de alimento seguro merecía a pena, seguramente eu houbera feito o mesmo. Continuamos andado pola vila, as casa calcinadas , derruídas, ou abandonadas aínda emitían o incesante cheiro dos mortos, frank, era una bon nome, frank fora un personaxe dunha serie de tv maiordomo de unha familia aburguesada, frank era apropiado para o intrépido cánido que me seguía a todos os lares, derrepente vin algo sumamente interesante, un pequeno concesionarios de coches de importación,e aínda que case todos estaban escangallados, conseguín vislumbrar un pequeno Galoper aínda en bon estado, parecía estar funcional e estaba aberto, so había un problemiña, donde estarían as chaves, necesito as chaves, non son maguiver, necesito unhas chaves para que este se mova, e o deposito parecía estar baleiro, outro problema porque os depósitos das gasolineiras están totalmente seco ou queimados, pero quizais poida xuntar unha pouca de outros coches agora rotos. Apuntei no caderno as situación e proseguín.