lunes, 5 de diciembre de 2011

O horizonte Branco

Cheiraba mal, dende logo cheiraba mal, aquel arrecendo pútrido entraba na miña nariz e non saia. Iamos a uns sesenta ou setenta quilómetros por hora, aló menos créeo que era esa a cifra e é que o cheiro ata chegaba a nubrarme a vista. Non podía aguantalo e con temor as represarías díxenlle a Elías: oes non era mellor para e tiralo fora do coche, esta comezando a cheirar e non podo aguantalo mais, e temos que limpar algo o coche, non podes para un chisco?.
Poderían ver a sangue se se achega o suficiente un coche e como sexa a policía levámolo fodido. Elías non dixo nada, ía demasiado concentrado en conducir ademais creo que non me escoitou ou polo menos fixo que non me escoitaba. Non tiñamos un coche moi rápido pero polo menos non chamabamos a atención era un Ford focus vello do 97 ou así, negro, algo rellado e con un par de buracos de bala que Elías tapara con cinta americana cerca do maleteiro, polo demais
dende fora parecía un coche calquera que ía pola estrada de súmoas, o peor do coche estaba no interior, calquera que nos parara vería que non iamos de paseo. Levabamos a kuza, un pastor alemán no asento de atrás atado o cinto de seguridade, e o seu carón una bolsa de plástico negra do que parecía un vulto bastante grande, diante ía Elías conducindo o coche con o pasamontañas aínda na man mentres conducía e eu sentado o seu carón con una caixa con dous revolveres
debaixo do asento con cara de noxo fronte o dantesco espectáculo que levabamos no auto, a traces do parabrisas traseiro vislumbrabase un tinguidura de cor vermello que cubría parte da esquina esquerda. En realidade non era ningún tinguidura pero iso non o sospeitaría
ninguén , quen ía crer que no coche que ía diante poderían ir un par de persoas con corenta quilogramos de cocaína pura sen cortar e o noso terceiro socio metido unha bolsa con tres balas dentro da caixa torácica?.
Ninguén sospeitaría nada, ninguén sospeitará nada, ninguén sospeitará nada, non facía mais que repetirme unha e outra vez iso na miña cabeza sen parar. Non tiña tanto medo os axentes da orde como pensades, temía mais a calquera coñecido que se achegase a nos nun semáforo parado pero Elías tranquilizoume cando dixo, tranquilo xa pasamos Xove , so nos quedan uns cincuenta quilómetros, se non nos colleron dende o Vicedo non nos colleran, non te preocupes; dorme un
pouco, reláxate.
Botei un chisco o respaldo cara atrás e respirei profundamente, e intentei descansar pero , en vez diso repasei todo por se cometeramos algún erro. As catro da madrugada xa estabamos la praia a carón da illa coelleira esperando , xa levabamos dende as tres e media e xa estaba farto de esperar, non tiña ganas de estar alí mais e os nervios estábanme a esmagar as tripas. De súpeto cando estabamos ata as pelotas de esperar alí vimos una luz que se achegaba relucindo a intervalos,cada vez mais preto con unha velocidade incrible. Cando nos demos conta a planeadora estaba o carón da praia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario